Frank Casañas mellorou onte a súa marca da tempada ao lanzar o disco a 65.60cm
en Vila Nova de Cerveira na 9ª Xornada de lanzamentos. A tan só 40cm da mínima A para Moscú, o discóbolo ségueo intentando, xa que rivaliza con Mario Pestano, con 65.79m, pola única praza B. A súa
próxima cita será o Cidade de Vigo o sábado. As xornadas de lanzamentos seguen reunindo aos mellores especialistas tanto portugueses como españois. O disco contou tamén coa presenza de Pedro José
Custa (FCB), que lanzou 60.37m, Filipe Vital (PORT), 56.19m, e Víctor Gallego (SGP), 54.52 metros.
Outras marcas destacadas en Cerveira foron as de disco xuvenil, o actual campión de España Martín Liste lanzou 50.51m e Pablo Castro-bronce nacional- 47.01m. Resaltar tamén os 67.97 metros de Isaac
Vicente en martillo, proba que gañou o portugués Dario Manso con 70.76m, Sergio Padín, 54.88m en martillo 5kg e Luís González, 55.62m con 6kg e os 13.12m de Eva Costas en peso
Foto – noticia: Flor Currás