Resultados

CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO

Fantástico o campionato Galego Absoluto celebrado nas pistas do Centro Galego de Tecnificación de Pontevedra. As altas temperaturas da xornada non impediron que os atletas galegos, incentivados polos premios económicos, conseguiran grandes rexistros. A destacar as marcas conseguidas polos atletas que venceron no seu sector. Así nas probas de velocidade e valados os mais destacados foron Samuel Paz do Afflelou Narón que unha vez mais demostrou a sua valía con un tempo de 53.51 nos 400m valados o que supón a sua millor marca da tempada. Nas mulleres a millor puntuación foi para a atleta do Lucus, Paula Ferreiros quen menos atrevida do que nos ten acostumbrado nas ultimas probas fixo un tempo de 56.19 na volta á pista. No medio fondo e fondo salientamos a Juan Antonio Pousa nos 3000 obstáculos baixando novamente dos 9 minutos (8.56.06) e a Solange Pereira quen tampouco tivo opoñente para vencer nos 1500 con un bo tempo de 4.21.10. Nesta mesma proba, Victor Riobo marcou un tempo de 3.47.47 demostrando que nunha boa carreira pode estar cerca das suas millores marcas. Nos saltos os millores estiveron no foso de lonxitude. Nos homes Jean Marie chegou até os 7.61, mostrando que ten nas suas pernas superar os 8m mentres que Leticia Gil, do ADAS, moi regular esta tempada chegou ate os 5.78. Fantástico tamén o atleta da Sociedade Gimnástica de Pontevedra José Alfonso Palomanes vencendo no triple salto con un millor salto de 15.65 e o xoven David Barreira quen superou por primeira vez os 2m. O atleta do ADAS superou o listón sobre 2.05. Xa nos lanzamentos o millor foi Frank Casañas con un excelentes tiro de 65.58, millor marca da tempada e moi preto da mínima para o Mundial de Moscú. Fantástica tamén a junior Belén Toimil con, unha vez mais, novo record absoluto no lanzamento de peso. Esta vez moi perto dos 16m (15.97). Moi boa a actuación de Isaac Vicente no martelo con un millor lanzamento de 69.55. Os outros atletas destacados na xornada foron os velocistas Sergio Rodrigez, do Coruña Comarca e Lidia Casal do Ria de Ferrol polo seu doblete nos 100 e 200m, mostrando que son os mais rapidos nesta tempada. Outro dos grandes protagonistas da xornada foi David Gómez con tres ouros na pértega, nos 110m valados e no relevo 4×400. RESULTADOS COMPLETOS FORMATO PDF FOTOS

Compartir: