Faltan 2 días para o campionato máis importante da tempada. Campionato Galego Absoluto pista aire libre

Tan só faltan 2 días para un dos campionatos máis atractivos da tempada, este ano contará con importantes premios en metálico que sen dúbida algunha será o centro de atención nas axendas dos mellores atletas galegos. As pistas do CGTD vestiranse de gala para acoller un gran espectáculo dos atletas, e quizais algún novo record galego!

O pasado luns tivo lugar a presentación do evento na Diputación de Pontevedra, ao acto asitiu Begoña Estevez (Diputada Deportes de Pontevedra), Isidoro Hornillos (Presidente da FGA), Elena Fernández (Directora do CGTD), Raúl Bretal (Delegado FGA Pontevedra), Eloy Bretal (Presidente Cómité Xuices Galicia), Jean Marie Okutu (Atleta internacional galego) e numerosas personalidades mais do ámbito atlético.

A FGA está ultimando todos os preparativos para que o evento sexa un verdadero éxito, lembramos que farase unha reportaxe especial do campionato para a súa retransmisión en Citius, Altius, Fortius. O evento contará cun speaker de luxo, Gonzalo Méndez, quen estará asistido por numerosos colaboradores que irán narrando en todo momento as distintas probas que se disputarán. Inscríbete xa a través do teu club no maior evento deportivo da FGA Listado atletas adimitdos

(Diseño cartel Jorge Blanco)

Compartir: