Resultados

Solange Pereira debuta en Kazan con pouca fortuna

Solange Pereira debutou nos 1500m na Universiada de verán de Kazan. Cun tempo de 4.26.56 entrou 5ª na súa semifinal, que foi máis lenta que a primeira, sobre todo na primeira volta. Clasificáronse as catro primeiras de cada quenda e os catro mellores tempos. Queda fóra por moi pouco, tras pelexar a carreira sempre nos postos de cabeza, e sabendo que o seu estado de forma lle tería permitido conseguir mellor marca

Compartir: