A Federación Galega de Atletismo, coa colaboración do Concello de Ribeira,
organizou a primeira edición da Carreira Popular de 5 Quilómetros en Ruta que se celebrou o pasado sabado e que foi campionato galego en categorías absoluta, xuvenil, júnior, promesas e veteranos.
A cita estivo aberta á participación de atletas federados
Tomaron a saida uns 150 federados e uns centener de afeccionados. O percorrido contou co visto e prace da federación española. Por mor das altas temperaturas nesta epoca do ano a saída foi as 21.00
horas no paseo do Malecón.
Os primeiros en iniciar a competición forn as categorías inferiores: pitufos, prebenjamines, benxamíns, alevíns, infantís e cadetes, que percorreron distancias máis curtas.
As 22.00 horas iniciouse a carreira de xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos, que integran o campionato galego.
Os vencedores foron, Rafael Fuentes en homes e Paula Mayobre en mulleres. (Resultados)