Campionato de España Cadete e Junior

Amplia participación dos atletas galegos nos campionatos de España Cadete e Junior que se celebrarán este fin de semana en Granollers e Castellón, respectivamente. Nos cadetes, a priori os atletas con mais opcións de subir o podium son Miguel González nos 1500 obstáculos, Tariku Novales no 3000, Oscar Broullón no peso ou as marchadoras Carmen Escariz e Antía Chamosa. Nos juniors, a destacar ademais de Ana Peleteiro no triple e Belén Toimil no peso e disco ós obstáculistas Gonzalo Basconcelo e Jenny Fernández.

Compartir: