Ciclo Medio de Atletismo no IES As Barxas

O IES As Barxas de Moaña continuará impartindo o ciclo medio de atletismo no vindeiro curso 2013/14. Estas ensinanzas contarán cunha importante novidade xa que os alumnos que se matriculen poderán completar os dous niveis do ciclo medio nun so curso escolar.
O ciclo terá un horario diario de mañá e abranguerá desde setembro ata xuño, incluíndo a fase de prácticas.
Para cursar estudos de grao medio os requisitos de acceso son os seguintes: Dispor do título de graduado en ESO. Se non se posúe esta titulación os alumnos deberán ter 17 anos e superar unha proba de madureza, ademais da proba específica. A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de FP ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
O DOG do 4 de xullo de 2013, ven de publicar a resolución na que se convocan as probas de acceso a estas ensinanzas para o curso 2013/14.
A inscrición para realizar as probas realizarase na secretaría do IES As Barxas ata o día 17 de xullo de 2013.
Para calquera información adicional poden poñerse en contacto coa secretaría do centro en horario de 9:00 a 14:00, ou no teléfono 986314243. Tamén a través no noso correo electrónico ies.asbarxas@edu.xunta.es

Compartir: