Resultados

Última hora: 6 medallas para os atletas galegos no Campionato de España Promesa: 2 ouros, 2 pratas e 2 bronce

Un total de 6 metais acadaron os atletas galegos no Campionato de España promesa celebrado este fin de semana en Mataró. Salientar os dous ouros logrados nos lanzamentos de xavelina, unha modalidade cun gran nivel en Galicia, Borja Barbeito e Lidia Parada subiron ao máis alto do podium en Mataró, nesta modalidade. As dúas pratas foron parar ás mans de Pablo Denís Sanromán en martelo e Francisco Durán Acuña nos 10.000 metros marcha. Tamén salientar a fantástica actuación de Yuliana Velasquez que acadou o bronce nos 800 metros femininos, amosando unha vez máis o gran nivel de forma co que está a contar nesta tempada. Bronce tamén para Leticia Gil no salto de lonxitude con 5.79 a tan só tres centimetros do ouro. Unha das grandes favoritas a acadar o campionato Paula Ferreiros caeu a tan só uns metros da liña de meta cando ia na primeira posición. Noraboa! ((Resultados) Actuaccion Galega

Compartir: