Resultados

Campionato Galego Absoluto

O Campionato Galego Absoluto de pista, a competición máis importante do calendario autonómico de cada tempada ao aire libre, non se celebrará na Coruña, a pesares da petición e interese dos clubs locais, xa que na cidade herculina non se organiza dende o ano 1998. A Federación Galega solicitou, sen éxito, á Concellería de deportes da Coruña que defendera o convenio asinado entre a Universidade de A Coruña e o Concello de A Coruña para o uso gratuito da instalación e do material de competición da mesma. Pero a factura que debería pagar a FGA para facelo na cidade herculina, só polo uso da instalación e do material de competición, subvencionado con fondos públicos, ascende a case 1000 euros, aos que habería que añadir os custos do persoal de vixilancia e limpeza. Ante ese feito, sen precedentes no atletismo galego, a FGA buscará outra sede o que comunicará nas próximas datas.

Compartir: