Resultados

Campionato de España Xuvenil: Dez medallas para os atletas galegos

Ultima Hora: Na primeira xornada do Campionato de España Xuvenil que se celebra en Durango, os atletas galegos conseguiron tres medallas (1 ouro e dous bronces)
O ouro conseguiuno Saleta Fernandez López (A Gándara) cunha marca de 1,72 e os bronces Pablo Castro Chapela (Vila de Cangas) en lanzamento de peso con 15,96 e Sergio Paredes Padin (ADAS) en martelo con 55,95

Gran inicio da xornada do domingo, onde a expedición dos atletas galegos lograron dous novos metais: Mar Chillon (Vila de Cangas) na proba de 5000 metros marcha cun gran rexistro de 24.16.35, logrando medalla de bronce e mellorando a mellor marca galega xuvenil que estaba en posesión de Laura Ferreiro Calvo con 24.48.01 do ano 1994. Na especialidade de marcha, Daniel Chamosa Dacasa, quen nunha grande actuación rematou o 5º cunha marca de 45.55.01 que melloraba de novo amplamente a súa marca persoal de 46.36.9 e suponlle mínima (46,00) para os Ctos. do Mundo Xuvenís a celebrar do 10 ao 14 de xullo en en Donestk (Ukrania). Nos 400 metros valados Claudia Rojo Cazorla do Ria Ferrol, proclamouse campioa cun gran crono de 1.01.94, quedando a tan só 16 centesimas do seu record galego

Fantastico fin de campionato para os nosos atletas que logran cinco novas medallas (dúas de ouros e tres bronces). As de ouro para Carmela Cardama (Comseaña) en 5000 metros con un rexistro de 17.38.28 e Martin Liste (Atlética A Silva) en disco con 51,00 metros, na mesma proba Pablo Castro (Vila de Cangas) fíxose co bronce con un lanzamento de 46,39, o mesmo metal para Anxo Branco (Coruña Comarca) en triplo salto con 14,33 e Alfonso Perez (San Narciso) en 400 con 49.48, o que supón tamén unha novo record galego xuvenil.
Desde a FGA queremos felicitar a todos os participantes galegos polo seu gran campionato
ResultadosActuaccion Gallega

Foto: Flor Currás

Compartir: