Ampla participación dos representantes galegos no Campionato de España Xuvenil que se vai a celebrar en Durango. Entre todos eles cabe destacar a Carmela Cardama do Comesaña na proba dos 5000m, Claudia Rojo do Ria de Ferrol nos 400m valados e Martín Liste da Atlética a Silva no lanzamento de disco como os claros favoritos para subir ó mais alto do podium. Tamén contan con posibilidades Uxía Pérez do Tui-Thermalia inscrita nas probas de 1500 e 3000, Pablo Castro do Vila de Cangas en peso e disco, Sergio Paredes do ADAS en martelo e disco, Saleta Fernández da Gándara en altura ou Patricia Carballo e Anxo Blanco do Coruña Comarca en 100 e triple, respectivamente.