Resultados

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva cumpre 25 anos!

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva naceu no ano 1987 en Pontevedra, aproveitando as instalacións do Estadio da Xuventude e a Residencia Atlántico, que co paso do tempo foise transformando nun moderno complexo deportivo no que se formaron os mellores deportistas da nosa comunidade e que na actualidade están aloxados e becados numerosos atletas galegos. O atletismo sempre tivo un gran protagonismo neste centro dispoñendo dun responsable propio na instalación, actualmente este cargo recae na atleta internacional Loli Pedrares que coordina eficazmente todo o programa de tecnificación do noso deporte no CGTD. Dende a FGA desexamos felicitar á actual directora do Centro, Elena Fernández por este aniversario. Mañá a tarde terá un acto en homenaxe aos 25 anos no que se reunirán numerosas autoridades, deportistas e representantes de federacións deportivas galegas e clubes deportivos.

Compartir: