Celanova acolle este sábado a súa X Carreira Popular Nocturna

O Concello de Celanova organizará este sábado a partir das 21:00 horas a décima edición da súa Carreira Popular Nocturna. O evento que xa conta con perto de 400 inscritos terá lugar polas principais rúas da cidade e contará cun percorrido de 7,8 km. A saída dos nenos está prevista para as 21:00 horas, mentres que a saída da carreira absoluta será as 22:30 horas. A proba está cuberta por un seguro de responsabilidade civil e de accidentes deportivos cumprindo así ca normativa vixente de seguridade das probas deportivas na vía pública. Achégate ata o Concello de Celanova e disfruta dunha xornada deportiva en familia, inscríbete xa! (click aqui)

Compartir: