Logo da brillante actuación en Avilés da atleta lucense do San Fernando Lucus, o Comité Técnico da RFEA seleccionou a Paula Ferreiros para formar parte da selección española que viaxará ata Gran Bretaña os días 22 e 23 de xuño para participar no Campionato de Europa por equipos. A traxectoria atlética de Paula continua medrando ano tras ano, dende o comezo da súa progresión neste deporte xa fai anos, o rendemento desta gran deportista non deixa de crecer e por iso na FGA estamos seguros que ainda nos traerá nos vindeiros anos moitas máis alegrías para o atletismo galego. Noraboa Paula por esta internacionalidade e parabéns para o seu equipo de apoio, adestrador, club e familia!. Máis información click aqui