Resultados

Ultima xornada da Liga de Clubes

Finalizou unha nova edición da Liga de Clubes 2012-2013 con boa actuación para os equipos galegos. Na División de Honor os dous representantes manteñen unha vez mais o seu posto nesta división. Nos encontros polo permanencia as mulleres do Ria Ferrol foron quintas en Valladolid mentres que os homes da Sociedade Gimnástica de Pontevedra foron segundos en Burgos. Xa na primeira división os homes do R.C. Celta foron terceiros con 99 puntos que non foron suficientes para acadar o segundo posto que lles levaría ó tan desexado ascenso a División de Honor. En este mesmo encontro celebrado en Valladolid o Afflelou Narón foron sextos. Boa actuación tamén para o Atletismo Femenino Celta, quintas en Burgos na Final polo Título. Asemade, as mulleres do Lucus permanecerán un ano mais na primeira División despois de eludir o descenso en Valencia.

Na fase final da segunda división participou tamén o equipo femenino do Vila de Cangas quen, con un equipo moi xoven, acadou a octava posición con 79 puntos.

Compartir: