Información interés convenio FGA sobre o uso das pistas de Balaídos

A Federación Galega de Atletismo recibiu esta mañá o documento que aprobou o pasado 24 de maio a Xunta do Goberno Municipal de Vigo, sobre o convenio das pista de Balaídos. Aínda que existen grandes coincidencias no texto, a FGA considera necesario modificar algunhas das súas cláusulas. Por iso, o Concelleiro de Deportes de Vigo e o Presidente da FGA acordaron atrasar uns días a firma prevista para mañá e, reunirse cos seus equipos mañá. Mentres tanto, e desde hoxe, a FGA seguirá xestionando o control das pistas de Balaídos nos horarios habituais.

Compartir: