Gran participación no Clinic de Marcha

Coincidiendo co Gran Premio de marcha de los Cantones celebrouse nas instalacións do Inef un Clinic de Marcha coordinado por Jorge Silva, responsable galego do sector de marcha. Asistiron atletas das categorias inferiores dos clubes Marineda Atlético, Club Atletismo Sada, Cuntis e Comesaña. O Clinic contou con a presenza de Jacinto Garzón, membro do organigrama técnico da RFEA e Santiago Pérez, responsable nacional do sector. A sesión práctica foi acollida con enorme interés polos adestradores e atletas asistentes. Durante unha hora e media os atletas realizaron exercicios de técnica acompañados de explicacións sobre o regulamento da marcha o que despertou o interés de tódolos participantes.

Compartir: