Campionato Galego Junior e Promesa: Excelente rexistro de Belén Tomil no peso con 15.36

O forte vento invalidou as marcas no Campionato Galego Junior e Promesa que se celebrou no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo. Nos homes os mais destacados con duas victorias cada un foron os junior Mauro Triana do Coruña Comarca quen venceu nos 100 e 200m con 10.84 (+4.1) e 22.20 (+2.5), respectivamente. Outro dos homes destacados foi o atleta do Lucus Miguel Pérez vencedor nos 110m valados con 14.99, marca tamém invalidada polo vento (+3.9), e na altura con un millor salto de 1.90. Tamén o lanzador do San Narciso conseguiu o doblete no peso (14.13) e no martelo (54.83). Xa nas mulleres as mais destacadas foron as promesas Paula Ferreiros, do Lucus, vencedora nos 200 (25.69) e 400 (57.95) e Eva Costas, do Atletismo Femenino Celta, no peso (12.73) e disco (38.96). Entre as junior destacar a participación de Aida Amoedo do Vila de Cangas nos 100 (12.90 con +3.3), 200 (26.81) e 400 (1.01.40), a atleta do Val Miñor Jenny Fernández nos 800 (2.13.11) e 1500 (4.51.82), a saltadora do Coruña Comarca Marta Lolo con millores saltos de 5.47 na lonxitude (+2.3) e no triple de 11.67 e a mugardesa do Playas de Castellón Belén Toimil no disco (38.96) e peso (15.36). Excelente rexistro para Belén Toimil a tan só 10cm da sua millor marca e record galego. Resultados

Compartir: