Triste noticia para o colectivo de xuíces galego e para todo o atletismo galego. Na mañá de hoxe recibimos a noticia do falecemento de Alfonso Rodriguez,Xuíz honorario, pertenecente a unha familia vinculada ao atletismo. A súa muller, fillas e neta seguiron os seus pasos como xuíces. Todos os interesados poderán achegarse ao Tanatorio Burgas nª 3 ata mañá ás 16,00 horas,. o funeral celebrarase ás 20.15 horas na Iglesia de Santa Eufemia do Centro
Dende a FGA desexamos transmitir o noso mais sincero pésame a toda a familia e amigos do falecido.