Clinic do sector de marcha o vindeiro día 1 de xuño en Coruña ca presenza de Jacinto Garzón e Santi Pérez

O responsable do sector de marcha da FGA, D. Jorge Silva convocou un Clinic para o vindeiro sábado 1 de xuño a partir das 11h nas pistas do INEF Coruña, para todos aqueles adestradores e atletas que desexen acudir. A impartición será a cargo de Jacinto Garzón Jiménez, membro do organigrama técnico da RFEA, e o responsable nacional Santiago Pérez. Para participar nesta actividade todos os interesados deben remitir un correo a jorgesilvacrespo@hotmail.com indicando o número adestradores e atletas que asistirán.

Compartir: