Hoxe publícase a través da Circular 38-2013 o listado de atletas galegos que percibirán unha axuda económica da Federación Galega de Atletismo polos seus méritos acadados na tempada 2011/12 según Circular 24-2012. Ata un total de 27 atletas participarán no reparto de 20.000 euros aprobados pola Asemblea Xeral, Xunta Directiva e Comisión Delegada. Seguindo a normativa da Circular 24-2012 quedaron excluídos deste reparto aqueles atletas que participaron en carreiras populares non incluídas no calendario oficial. A Federación Galega de Atletismo desexa transmitir aos atletas a importancia de participar en probas de calendario, dado que unha gran parte dos recursos para que este sistema de axudas a atletas, e para que outras axudas como son a clubes, adestradores ou atletas veteráns, poidan manterse nos actuais tempos de dificultade económica, é animar aos organizadores de carreiras populares a incluir a súa proba no calendario oficial, cumprindo ca normativa vixente de seguridade vial e outorgando a oficialidade da súa proba. (Click Aqui para ver Circular 38-2013)