Resultados

2ª Xornada da Liga de Clubes: Fran Duran, mellor marca nacional promesa da tempada en 5000 metros marcha

Disputou-se unha nova xornada na liga de Clubes de División de Honor e Primeira División con sorte dispar para os equipos galegos. Na División de Honor, os homes da Sociedade Gimnástica de Pontevedra foron terceiros por detrás do F. C. Barcelona e o Unicaja Atletismo nas pistas de atletismo de Burgos. As victorias chegaron de man de Ignacio Sarmiento nos 400m valados, Jose Alfonso Palomanes no triple e Victor Gallego no peso e no disco. Gañou tamén a sua proba Jean Marie Okutu, este ano nas filas do F.C. Barcelona. En Zaragoza, o marchador Francisco Durán venceu nos 5k defendendo as cores do Simply Scorpio71.que cun maxistral crono de 20.54.31 ,se coloca lider do ranking nacional promesa As mulleres do Ria Ferrol foron terceiras en Barcelona por detrás do equipo anfitrión e a AA Catalunya. As únicas victorias viñeron da man de Cristina Ferrandiz nos 100m e de Leticia Fernández nos 1500. Xa na primeira División os homes do R.C. Celta puxeron de manifesto unha vez mais que son claros favoritos para o ascenso á División de Honra. Os célticos gañaron o seu encontro en Salamanca gracias as victorias de Ismael Costas nos 800, Carlos Porto nos 1500, Gonzalo Basconcelo nos 3000 obstáculos, Sergio Telleria na pértega, Ignacio Fernández no martelo, Fernando Paredes no peso, David Fernández no disco e ao doblete de David Gómez na lonxitude e os 110m valados. Boa actuación do Afflelou Narón que foron segundos en Huesca con Mauro Triana, Denis Galán e Jorge Castaño como homes destacados nas suas probas. Tamén bo resultado para o Atletismo Femenino Celta segundas en Monzón con victorias para Beatiz Viteri, Eva Costas, Sara Arosa e o cuarteto do 4×100. Finalmente, as mulleres do Lucus non conseguiron evitar a ultima posición no seu encontro no que unha vez mais Paula Ferreiros foi a mais destacada con doblete nos 200 e 400m. Sara Pino foi a outra muller que gañou a sua proba, a altura.

Compartir: