Resultados

Campionato de España Universitario: Seis medallas e récord galego de Palomanes 16,06 metros

Cáceres acolleu o LXXIV Campionato Universitario de atletismo en pista, coa participación de 53 universidades e case 400 atletas. A Universidade de Vigo foi a única institución galega con representación, e volveu cun botín final de catro medallas, un récord galego e tres postos de finalista.
Alfonso Palomanes converteuse en protagonista ao saltar 16.06m en triplo, superando o récord máis longevo do atletismo galego, do vigués Francisco Castrillo, 16.05m en 1974. Fixo un salto máis longo, de 16.19m, pero con vento superior ao legal, que lle valeu para colgarse o bronce.
Dobre éxito de Víctor Galego, que se fixo coa prata en lanzamento de disco, facendo marca persoal con 54.81, aínda que con sabor agridulce, porque perdeu o ouro superado no último intento, e bronce no peso, 16.73 metros.
Pola Universidade de .Vigo tamén puntuaron en postos de finalista, Lucía Pérez, 5ª en triplo; Carlos Revolta, 5º en martillo e Ana Revolta, 7ª en disco. Completaron a participación Rocío Carbia, en 5km marcha e Miguel Gómez, en 100m.
Dous foron os ouros dos atletas galegos Solange Pereira proclamouse campioa de España universitaria de 1500m representando á UNED. A súa marca de 4.19.75 é a segunda española do ano. Ouro tamén para Yolanda Gutierrez en 10000m (UNED), 35.15.89 . Das mencionadas medallas de Victor Galego e Jose A. Palomanes, bronce en lonxitude para Leticia Gil, da Complutense, que saltou 5.74m. Xa en postos de finalista, Santi Ferrer, da Ou. Europea de Madrid foi 4º en pértiga e Samanta Mulloni (UNED), 6ª en 5km marcha. Resultados

Compartir: