Alvaro Valle e Roberto Tuimil, presidente e secretario do Club Affelou Narón xunto co Presidente da FGA Isidoro Hornillos e a concelleira local Natarlia Hermida presentaron o pasado luns no Concello de Narón o Campionato Galego de 5000 metros en pista aire libre.
A organización promoverá o atletismo organizando numerosas probas para atletas de todas as categorías. O presidente destacou o apoio deste concello e do club para a práctica do atletismo nesta localidade que xa sacou a moi bos atletas. (Ver noticia no Diario de Ferrol)