A FGA co fin de promover a práctica do atletismo e amosar á población o traballo feito por esta federación, estará presente cun stand no I Salón Nacional do Deporte, a Saúde e a Nutrición. SPORTIS 2013. Este evento que pretende consolidarse como un referente do deporte a nivel autonómico, terá lugar a vindeira semana os días 9, 10 e 11 de maio no Recinto Ferial de Pontevedra, conxuntamente co IX Congreso Nacional de Ciencias do Deporte e a Educación Física.
A FGA levará a súa carpa e as actividades de xogando ao atletismo para que os alumnos dos centros educativos que visitarán a feria poidan disfrutar da iniciación ao noso deporte. Tamén se proxectará nunha pantalla de televisión distintos programas de Citius, Altius, Fortius, e se amosarán aos visitantes ao stand as medallas outorgadas nos distintos Campionatos Galegos, distintas publicacións que editou a FGA como a Revista Atletismo Galego, e un boletín cas carreiras populares do calendario oficial.
Todos os atletas, clubes e adestradores federados que desexen visitar a feira poden solicitar no email secgeneral@fgatletismo.com unha entrada gratuita para acceder ao recinto en horario de 10:00 a 20:00 horas do xoves 9, venres 10 e sábado 11. Perto de 50 empresas amosarán os seus productos e servizos no ámbito do deporte, entre eles cabe salientar a multinacional Mondo presente nos últimos XXOO, haberá masaxes gratuitos, sorteos de agasallos, visita de deportistas de alto nivel, entre eles o noso atleta olímpico Frank Casañas, e perto de 50 actividades deportivas. Mais informacion en www.sportis.es