Solange Pereira correrá a Milla Sagrada Familia-VII Trofeo Internacional Ciutat de Barcelona o domingo 28, intentando revalidar o seu triunfo do ano pasado, cando sorprendeu impoñéndose a Isabel Macías. A atleta do Bikila, flamante campioa de España da distancia aposta por esta proba que se lle está a dar moi ben e lle serve de preparación de cara ao 1500 m que disputará en pista ao aire libre