Manolo Martinez reparte ilusion

O lanzador olímpico Manolo Martínez completou o seu percorrido por diferentes puntos da xeografía galega, dentro do seu programa de visitas aos núcleos de lanzamento de toda España como responsable do sector, aconsellando e contestando as preguntas dos atletas e adestradores.
Para satisfacción dos mozos congregados en Cangas o pasado mércores, comezou explicando Escollinvos porque as cousas aquí se están a facer ben”. O leonés fixo unha introdución coa súa carreira e méritos deportivos, continuando con cuestións máis específicas, deu consellos sobre adestramentos, programación, saúde, nutrición, horarios e mesmo estudos. E sobre todo, transmitiu ilusión e motivación extra, ademais de contestar a todas as preguntas, do máis variado, que lle formularon. Para rematar, como recomendación última referíndose aos atletas, sentenciou: “O importante, que llo pasen ben,”.

Compartir: