Segunda edición do
Maratón Coruña 42 cun nivel destacado principalmente na proba masculina, nun gran circuíto e no que hoxe por fin a climatoloxía galega quixo acompañar a todos os atletas participantes. Nunha mesma
proba uníase o Campionato de España de Maratón e Campionato Galego.O dominador da proba foi o segoviano Javier Guerra cruzando a meta en 2.12.21 que supón o billete para Moscú e o título de Campión
de España, en segundo lugar un sensacional Pedro Nimo que de novo demostrou a súa clase e calidade proclamándose subcampión de España e Campión Galego con 2.14.55 e terceiro o malagueño Javier Diaz
con 2.18.20. O podio galego completárono Elias Dominguez con 2.22.47 sexto da xeral, e José Antonio Ramallo con 2.30.38.
María Gestido logrou marca persoal e demostrou que aínda pode baixar o rexistro realizado esta mañá en terras coruñesas, sufrindo os últimos 5 quilómetros e arroupada por todo o atletismo galego
vencía con 2.40.23, sendo segunda Cristina Loeda con 2.55.06 e terceira Marlene Lopes con 3.07.16. O podio galego completábase con Teresa Corral e Victoria Fernández. Destacar tamén o subcampeonato
de España por equipos do Club Coruña Coruña grazas a actuación de Manuel Oliver Pérez, José Antonio Recouso e Jesús María Alvarez.