Nove novas medallas nacionais para os veteranos galegos

O pasado fin de semana en Monzón (Huesca) celebráronse tres campionatos nacionais de veteranos, en eles os veteranos galegos volveron demostrar un gran nivel ao conseguir un total de 9 medallas (5 oros, tres platas e un bronce)
O sabado dia 13 celebrouse o campionato de 10.000 metros, onde competían Soledad Castro Soliño na categoria W45 e Manuel Rosales Touza en M75, ambos lograron a medalla de ouro cuns rexistros de 38’29″70 e 45’22″70.
Celebrándose na mesma xornada o nacional de combinadas e o pentatlón de lanzamentos nesta especialidade última duas novas medallas foron as logradas, medalla de ouro W55 para Ángeles Rodríguez del Rio con 2.065 puntos e prata M35 por Carlos Almudi Cid cunha puntuación final de 2.734 puntos.
A xornada do domingo pechouse con cinco novas medallas, José Domínguez Caballero proclamouse campion en M40 en decathlón con 5.422 puntos, tamén logrou o campionato Lucía Doval Sánchez en pentatlón con 2.798 puntos en W35. Subcampionatos M70 para José Manuel Almudi Martínez con 2.675 puntos, e M50 para Carlos Ferrer Alonso con 3.084 puntos, mais bronce M60 para Manuel Rodríguez Rodríguez con 2.669 puntos en pentatlón de lanzamentos. FOTOS

Compartir: