Resultados

Fase auton�mica de Jugando al Atletismo

No Pavillón do colexio San Narciso de Marin celebrouse unha nova edición da fase autónomica do programa “Jugando al Atletismo”. Participaron ademais do equipo anfitrión os colexios Pablo VI Fátima de A Rúa e Santiago Apóstol de Soutomaior.
Nesta competición cada un dos colexios presenta 5 participantes, homes e mulleres, nados no ano 2001 ou posteriores matriculados durante o curso actual no centro.Tra-lo computo final o colexio vencedor resultou o San Narciso de Marin en homes e o Santiago Apóstol de Soutomaior en mulleres. Estes dous equipos participaran na fase nacional a disputar os días 18 e 19 de Abril en Jaen.

Compartir: