Resultados

IX Encontro de atletismo Escola Naval Militar de Marín-Combinado Galego

Unha vez máis, e van nove, disputouse esta mañá o Encontro de atletismo entre os alumnos da Escola Naval Militar de Marín e un combinado de atletas galegos. Balaídos foi o escenario nesta ocasión dun evento que se celebra dúas veces ao ano, unha nas instalacións da Escola Naval, e a outra nalgunha das pistas galegas. O obxectivo é a confraternización entre ambos colectivos, ao que se engade o aliciente de competir con rivais diferentes aos habituais.
O programa incluía carreiras de 100m, 200m, 400m, 800m, 1500m e 3000m, lanzamento de peso, saltos de altura e de lonxitude, a dous atletas por proba, ademais das substitucións 4x100m e 4x400m. O choque foi tan igualado que houbo que esperar á substitución final de 4x400m para desempatar, sendo o Combinado de Atletas galegos o que se levou o triunfo final. Como broche, o tradicional xantar nun restaurante próximo. A próxima cita será en outubro, en Marín

Compartir: