A Escola de marcha da Diputacion de Pontevedra conc�ntrase na Lanzada

De novo a localidade pontevedresa da Lanzada acolle ao presente e futuro da marcha galega.
Dende o domingo 24 de marzo ata o 27 as estradas, montañas e praias deste idílico lugar veran como se forxan dia a dia os campións nacionais a base de quilómetros e técnica especifica.
Están concentrados: NOA RAMIREZ ,IRIA RIVAS ,ROBERTO VIEIRO ,NOA GARCIA ,ALBA CAJDE ,CELIA SOMOZA ,CARMEN ESCARIZ ,BRAIS PRIETO ,JORGE PRIETO ,SMAIL LAARIBI ,DANIEL CHAMOSA ,MARCOS CINTRON ,MARIA ABELEDO ,MAR CHILLON ,CARMEN FUENTES,ELENA FRAGUAS ,PABLO MANCIÑEIRAS ,TERESA ELENA CORBAL,ROCIO CARBIA ,MIRIAN COSTAS ,FABIO PEREIRA ,ARMANDO PEREIRA ,FRAN DURAN Y SAMANTA MULLONI, estando Antia Chamosa no nacional de talentos en Murcia ( sen dúbida toda a flor e nata da marcha galega )
Como cada primavera dende hai tres anos, os mellores atletas marchadores de Galicia se concentran durante a Semana Santa no hotel Los Naranjos para afinar os seus dotes competitivos de cara aos campionatos de verán.
Tras unha excelente tempada invernal, con numerosas medallas a nivel nacional no pasado campionato de España de pista celebrado en terras accitanas en decembro e no recente campionato de España de marcha en ruta disputado en Murcia, os novos marchadores queren repetir o éxito e saben que este lugar é idóneo para prepararse.
Jose Antonio Pardal, adestrador xefe, Pedro Abeledo e Carlos Morales ( adestradores colaboradores ) planifica e supervisa a preparación dos 24 atletas máis destacados de Galicia, entre eles medallistas nacionais como Fran Durán, Antía Chamosa, Carmen Escariz, Brais Prieto, Dani Chamosa, Samanta Mulloni ,Rocio Carbia ou Mar Chillón.
Traballo específico a desenvolver nestes días de descanso escolar nos que os atletas compartirán non só experiencias senón que adestramentos máis selectivos e eficientes.
O director da escola, o exmarchador internacional, Jorge Silva, adoutrinará os noveis atletas con varias charlas coloquio sobre a marcha atlética e as súas peculiaridades ao igual que ten confirmada unha visita o responsable nacional de marcha, Santiago Perez. Circular

Compartir: