Resultados

Gala Lugo Deporte Galego

O auditorio do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo vestiuse o pasado xoves 21 de marzo de gala para acoller os Premios Deporte Galego 2012, un evento no que catro persoas vencelladas ao atletismo autonómico foron distinguidas.
Ana Peleteiro que non estivo presente na Gala foi distinguida como a deportista revelación, tralo seu gran éxito de acadar a medalla de ouro en triplo salto no mundial junior. Tamén recibiron trofeos Mariano García Verdugo, en calidade de adestrador do equipo español que participou nos Xogos de Londres 2012. Así mesmo o velocista lucense Maximilano Rodriguez Magi que interveu nos Xogos Paralímpicos e o fondista Gustavo Nieves Campello, que quedou clasificado nesta competición nun extraordinaria cuarta posición nos 5000 metros con 14 minutos 22 segundos e 99 centesimas.
Ao final do acto, o piragüista David Cal, medallista olímpico, foi o encargado de falar en representación de todos os premiados. “Gustaríame pedirlle aos políticos que non deixen de crer nesta sociedade e na forza do deporte”, sinalou o palista. Cal foi un dos ganadores dos premios individuais, xunto coas regatistas campioas olímpicas Tamara Echegoyen e Sofía Toro.

Compartir: