O vindeiro luns día 25 comezará a Concentración de Semana Santa do sector de fondo

Un total de 15 atletas e 3 adestradores participarán na Concentración do Sector de Fondo que terá lugar en Semana Santa. Os atletas participantes son: Jenny Fernandez, Tariku Novales, Gonzalo Basconcelo, David Santos, Tomas Ocaña, Ero Doce, NIcolas Villanueva, Miguel González, Adrian Ben, Iria Rodriguez, Claudia Blanco, Eva Cid, Enrique Martinez, Angela Gonzalez e Aida Martinez. Os adestradores Hipólito Sousa, Manuel Martinez Ageitos e Oliva Roman colaborarán co responsable de fondo D. Alfonso Ortega.

A incorporación dos atletas á concentración será o luns día 25 ás 16:00 horas no Hotel Coia de Vigo sito na Rúa Sanxenxo, nº1 – Tlf. 986-201820. O programa de actividades é o seguinte:

17.00 – Reunión no Hotel para explicar o plan de traballo

18’00 – Adestramento persoal de cada atleta

21.00 – CENA

Martes 26 – 10.30 -Adestramento persoal de cada atleta
14.00 . COMIDA
16.30 – Charla de Alfonso Ortega responsable Sector Fondo, sobre O CAMPO A TRAVÉS COMO MEDIO DA PREPARACIÓN INVERNAL
18.00 – Adestramento conxunto de condición física
21.00 – CENA
Mércores 27 – 10.30 -Adestramento persoal de cada atleta
14.00 – COMIDA
16.30 – Charla de María Dolores González – Directora Técnica daFGA, Psicóloga
18.30 – Adestramento conxunto sobre condición física
21.00 – CENA
Xoves 28 – 10.30 – Adestramento persoal de cada atleta
14.00 – COMIDA, e fin daconcentración

Compartir: