Campionato de Espa�a de Campo a Trav�s en idade escolar, adaptado e universitario. Galicia subcampiona de Espa�a

Celebrou-se unha nova edición do Campionato de España de seleccións autonómicas de campo a través en edade escolar, deporte adaptado e universitario. Galicia refrendou os bos resultados acadados o ano pasado no mesmo campionato delebrado nas inmediacións da Torre de Hércules na Coruña. Esta vez foi Avila a encargada de organizalo. Os cadetes que o ano pasado conseguiran o título e con un novo sistema en que puntuaban só catro dos seis participantes, logrou neste ano o subcampionato nacional. Nesta proba temos que destacar a Miguel González que foi o primeiro en entrar na liña de meta mostrando a sua gran valía no campo a través. Destacada tamén a actuación de Adrián Ben no quinto posto e Tariku Novales no sexto. Completaron o equipo os tres atletas do Val Miñor Marcos Rosende (26º), Lorenzo González (48º) e Yeray Gómez (50º). Na mesma categoría as mulleres rozaron o podiu sendo cuartas. O equipo estaba formado por Iria Rodríguez (13º), Carmen Martínez (20º), Iria Causin (22), Aída Martínez (34º), Lucía Suárez (37º) e Claudia Blanco (43º). Nos xuvenís Galicia acadou a novena posición con Nicolás Villanueva o millor na posición 16. Completaron o equipo Ero Doce (37º), Brais Gómez (46º), Ivo Maseda (53º), Iván Manso-Pedrosa (62º) e Anxo Lema (66º). As mulleres foron 6ª grazas a gran actuación de Carmela Cardama e Uxía Pérez, segunda e terceira respectivamente. Carmen Fuentes (47º), Sandra Rodriguez (51º) e Laura Méndez (52º) foron as outras integrantes da selección galega. Finalmente, no campionato universitario destacar a actuación de Solange Pereira subcampiona de España representando a UNED nun equipo no que reapareceu Sandra Mosquera despois de moitos problemas físicos na última tempada. (Resultados escolares) FOTOS

Compartir: