Ultima Hora: A localidade malagueña de
Antequera, acolle por segunda vez na tempada un campionato de España baixo teito, despois do xuvenil, este fin de semana celébrase o junior.
A xornada de hoxe sábado, trouxo para a representación galega duas medallas de ouro a cargo da gran favorita de triplo salto Ana Peleteiro.
Ana soamente realizou un primeiro salto cun marca de 13,43 metros, demostrando a súa superioridade na proba.
En 3000 metros Jenny Fernandez do club Val Miñor fíxose co titulo cun registro de 10.18.55, demostrando o seu progreso ano tras ano.
Bronce para Luis Gonzalez en peso cunha marca 14,96. Ivan Maceiras en lonxitude con 7,16 , logrou a cuarta posición.
Decima posición para Gonzalo Basconcelo en 3000 metros con 8.47.07 e oitava posición para Antia Martinez en 60 valas con 9.78 –
Xornada Domingo:
Os galegos lograron tres novas medallas na xornada dominical, a cargo de Belen Toimil en peso con 15,10 metros, (MMT), referendando o seu favoritismo na prueba. As medallas de brone
foron para Ana Peleteiro, quen volveu subir ao podio na proba de lonxitude, cun mellor salto de 5,78 metros e Miguel Pérez en 60 valos cunha marca de 8.17,logrando ambos os dous a medalla de
bronce. Resultados – Actuacción Galega