O pasado dia 22 tivo lugar en Padr�n a presentaci�n do Campionato Galego de 10 km en ruta

En Padrón celebrouse o dia 22 ás 12:30 horas a presentación do Campionato Galego de 10 km en ruta que terá lugar o vindeiro sábado día 2 de marzo. O campionato disputarase conxuntamente ca XII Carreira Popular Concello de Padrón. Ao acto asistiu Antonio Fernández Angueira , alcalde de Padrón, o conceleiro de deportes Andrés Sanmarco Santos e o Delegado da FGA en Santiago D. Iván Sanmartín. O alcalde destacou a importancia que supón acoller este evento na súa localidade e asegurou que Padrón sempre será unha vila que apoie ao atletismo. Dende a FGA desexamos agradecer públicamente a importante labor na promoción do atletismo de concellos como o de Padrón. Atletas inscritos Campioanto Galego

Compartir: