Ultima Hora: A representación galega no
nacional de lanzamentos longos de inverno fixéronse cun total de 4 medallas:
En disco homes, o gran favorito Frank Casañas conseguiu o ouro cun mellor rexistro de 62,34 (MMT), cuarta posición de Victor Gallego con 53,92 metros.
Dúas medallas en martelo a cargo de Isaaac Vicente cun boa marca para este inicio de tempada con 68,59, na que tratase de mellorar a súa mellor marca de 70,41, tambien boa marca de Pablo Denis con
63,13 e medalla de bronce e novena posición para Carlos Revuelta con 53,28.
En mulleres destacar unha vez máis a Belén Toimil en disco cun rexistro de 50,42, superando por primeira vez a barreira dous 50 metros, que equivale a mellorar a súa anterior mellor marca galega na
categoria júnior, cuarta posición de Mercedes de Santalo con 48,21, recuperando sensacións despois da súa maternidade.
Novena praza para Sara Arosa en martelo cun mellor lanzamento de 45,46 metros.
Resultados – actuación galega
Fotos:Flor Currás