Resultados

Campionato Galego de Lanzamentos Longos de invierno

Hoxe disputouse no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo o Campionato Galego Absoluto de Inverno de Lanzamentos Longos en xornada de mañá onde se deron cita os mellores lanzadores de Galicia.
Cunha climatoloxía acorde as datas do ano na que non perdou a choiva os atletas acadaron importantes marcas para o momento da tempada na que se atopan.
A competición daba comezo coa proba de Lanzamento de Martelo tanto en homes coma mulleres. O atleta do AD Marathon, Isaac Vicente Landin, proclamábase Campión Galego na proba masculina cunha gran marca de 68,78 m, moi próxima o récord galego que el mesmo posee de 70,41 m, e non olvidemos que estamos a comezos da tempada o que ten ainda un valor máis alto.
Na proba feminina foi a atleta do At. Femenino Celta, Sara Arosa Rivas, proclamábase Campiona Galega cunha mellor marca de 47,37 m.
A seguinte proba en disputarse era o Lanzamento de Disco, de novo tanto homes coma mulleres, onde tivemos a presenza do atleta olímpico Frank Yennifer Casañas Hernández, do club Playas de Castellón, que gañaba o campionato cunha mellor marca de 60,51 m. Na proba femina a campiona foi a atleta lucense Mercedes de Santaló Ossorio Saez Diez tamén do Playas de Castellón que volvía a competición cunha mellor marca de46,32 m.
E finalmente no Lanzamento de Xabalina proclamábanse campións, Borja Barbeito Gómez do Playas de Castellón cunha mellor marca de 67,80 m e Nadal Viñas Moure da Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 21,95 m. Resultados

Compartir: