Campionato Galego de Campo a trav�s de veter�ns

O Circuíto do Monte do Gozo acolleu unha nova xornada de cross. Como acontecera xa no día do Campionato Galego de Cross corto as condicións climatolóxicas non axudaron ós atletas mais veteráns do atletismo galego. Con chuvia e frio durante toda a competición, os atletas veteráns disputaron o seu campionato. Despois das carreiras dos mais pequenos e o cross popular, as primeiras en tomar a saída foron as mulleres. Nunha única carreira, mais de unha treintena de mulleres percorreron unha distancia aproximada de 5.300m. Dende os primeiros momentos a atleta enrolada este ano no Atletismo Samertolameu, Agueda Blanco, distanciabase de un grupo perseguidor composto por Sonia Teijeiro, Isabel Saéz, Patricia Garcia e Ana Belén González. Finalmente, a vencedora da proba sería a propia Agueda Blanco e campiona galega F35. Sonia Teijeiro do Atletismo Veteranos de Ourense sería a campeona galega en F40. En F45 seria a atleta do Comesaña Soledad Castro quen entraria ademais en segunda posición na liña de meta. As outras campeonas galegas foron Manuela Guisasola do Egovarros en F50, Maria Carmen Rodriguez do Atletismo Ordes en F55 e Francisca Romasanta tamén do Egovarros de Viveiro en F60 sendo esta a atleta mais veterana. Por equipos os vencedores foron o Atletismo Monte Segade grazas o quinto posto de Patricia García, o oitavo de Ana Isabel Rodriguez e o noveno de Teresa Corrales. Acompañaronas no podium as atletas do Atletismo Samertolameu, segundas e o Atletismo Milladoiro terceiras. A segundas das probas do campionato galego en disputarse foi a dos veteráns M35 e M40. Un grupo composto por homes importantes como Hassan Lekhili, Alejandro Gómez e Daniel de la Torre, acompañados por Xabier Díaz, Ricardo Vázquez, Rafael Fuentes, Juan Carlos Casal e David Pérez marcaban o ritmo dende o inicio. Na metade da proba Hassam distanciabase do grupo. A loita pola segunda plaza parecía mais disputada entre Alejandro Gómez e Rafael Fuentes. Nos últimos 500m Alejandro daba un tirón e parecía disposto a pelexar pola victoria pero a distancia acadada por Hassam Lekhili impediu ver un sprint final entre os dous compañeiros de equipo. En M35 o campión galego sería Ricardo Vázquez do Atletismo Deza, seguido de Xabier Díaz do Lucus Caixa Rural Galega e Juan Carlos Casal do Club Alejandro Gómez.. Na categoria M40 campionato galego para Hassam Lekhili, seguido de Rafael Fuentes da Gimnástica de Pontevedra e Daniel de la Torre do San Miguel de Marin. Por equipos clara victoria do Club Alejandro Gómez seguido do Club Atletismo Sar e Ourenrunning. A ultima proba en disputarse e a mais numerosa foi a dos veteráns M45 e seguintes. Case un centenar de atletas desafiaron as malas condicións climatolóxicas enfrentandose a un percorrido embarrado de 5.300m aproximadamente. O campión galego M45 foi o vencedor da proba o atleta Samuel Veiga do Atletismo Milladoiro. En M50 a victoria foi para o atleta do R.C. Celta Miguel Fernández mentrás que Fernando Porto do Atletismo Monte Segade e Xosé Luis Otero do Universidade de Santiago son os novos campións galegos nas categorias M55 e M60. Os atletas do Egovarros de Viveiro foron os dominadores nas categorias M65 e M70 sendo Antonio Hernández e Antonio Cabana os campións galegos de este ano. Por equipos victoria para os locais da Universidad de Santiago seguidos dos atletas do Atletismo Mote Segade e Atletismo Milladoiro. Resultados

Compartir: