Sabadell acollerá novamente unha edición do Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta. Galicia desplazará a terras catalanas unha nutrida participación alguns de eles con grandes opcións de subir o podium. A proba con maior representación galega serán os 60m valados na que Antía Martínez e Teresa Rodriguez acompañaran a Virgina Villar unha muller que xa nos ten acostumbrados as medallas nos campionatos nacionais. No peso poderemos ver tamén a Belén Toimil e a recente campiona de España Promesa Eva Costas. No triple Ana Peleteiro fará o seu debut nun campionato nacional absoluto. Con ela estará tambén Lucía Currás.Nos 1500 doble participación con Leticia Fernández e Solange Pereira que xa sabe o que é acadar unha medalla nesta proba. Solange esta inscrita tamén nos 3000 metros donde tamén estará Esther Navarrete. Nos 400 metros Paula Ferreiros con opciones de medalla despois do seu rexistro do último fin de semana. A atleta lucense tamén fará o salto de altura. Entre os homes David Gómez é o gran favorito para a proba do heptalón. Con grandes opcións de subir ó mais alto do podium Jean Marie Okutu no salto de lonxitude. Completan a participación galega José Alfonso Palomanes e Luis Moro no triple e na pértega, respectivamente.