Campionato Galego de Marcha en Ruta

O pasado domingo dez de febreiro celebrouse no porto de Aldán, no concello de Cangas, o Campionato Galego de Marcha en Ruta. Aínda que a paisaxe e o ambiente de carnaval facíase notar, as condicións meteorolóxicas non foron as mellores. O frío, o vento e a choiva foron grandes protagonistas na xornada, prexudicando o rendemento a meirande parte dos deportistas. Ás once da mañá deu comezo a proba dos 3 km das categorías infantil e alevín. O campionato disputouse sobre un circuito homologado dun kilometro, fermoso e vistoso para o público e rápido para os atletas, ainda que os marchadores non tiveron sorte coa climatoloxia.Na categoría alevín masculino o gañador foi Tomás López Vizcaíno, do Club Atletismo Sada, seguido de preto de Jesús Guimeráns Cordeiro e Gabriel Dacosta Vizoso, ámbolos dous do club Atletismo Vila de Cangas.
En Alevín feminino, a vencedora foi Valeria Fernández Blanco, do Atletismo Vila de Cangas, que entrou cunha vantaxe dun minuto e medio sobre a segunda clasificada, Ana Piñeiro Piñeiro, tamén do Atletismo Vila de Cangas.Na categoría infantil masculino, o gañador foi Roberto Vieiro, do club Atletismo Cuntis, quen a pesar das condicións meteorolóxicas pouco favorables, conseguiu bater o récord galego cos seus 14minutos e 15 segundos. Excelente rexistro deste xovencisimo marchador que atesoura unhas condicions excepcionais para esta disciplina. O seu tempo, cunha media de catro minutos e 45 segundos en cada kilometro asi o demostran, pero, sobre todo, a sua gran facilidade para interpretar de forma natural a execución técnica da marcha. Roberto foi seguido de lonxe por Andrés Obenza, do Atletismo Vila de Cangas, cun tempo de 20:06.Na categoría Infantil feminina, a vencedora foi Noa Ramirez Carballo do club Atletismo Cuntis. A segunda en pasar pola liña de meta foi Iria Rivas Iglesias tamén do Atletismo Cuntis.
Pola sua banda o cadete masculino, Brais Prieto do Atletismo Cuntis venceu nesta categoria, sendo segundo Jorge Méndez López. Na parcela feminina a primeira en cruzar a liña de chegada foi Carmen Escariz en dura pugna con Antia Chamosa, ambalas duas do clube Atletismo Cuntis. En canto aos máis cativos, dicir que a participación foi copada polo club organizador, o Atletismo Vila de Cangas. Nas nenas, Sara Mallo e Katia González, ambas con 17:23, pasaron pola liña de meta seguidas por Paula Escribano. Nos nenos, a vitoria foi clara para Teo Iglesias, seguido por Denís Fernández e Miguel Gallego.Na categoría Senior, nos 10 km masculinos José Fernández do Grupo ISN Navarra, seguido de cerca por Manuel Julio Angueiro, do Real Club Celta e Daniel Chamosa, do Comesaña Sporting Club. En mulleres venceu a gran favorita, Lorena Luaces cun tempo de 47 minutos e 43 segundos. Con 49 minutos e 54 segundo, chegou Eva María Iglesias, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, e pouco despois dos 52 minutos, pasaría pola meta
Mar Chillón, do Atletismo Vila de Cangas. Excelente test o feito polos marchadores galegos que esperan ter unha gran actuacion no vindeiro campionato de Espana a disputar en Murcia no mes de marzo.

Compartir: