Resultados

Jorge Silva novo responsable de marcha da Federación Galega de Atletismo

O marchador galego Jorge Silva foi nomeado recentemente pola Directora Técnica da Federación Galega de Atletismo como novo responsable do sector de marcha da FGA. Jorge pasará a asumir as funcións do anterior responsable, Santi Pérez, que por mor da súa nova integración na estructura da RFEA como responsable do sector de marcha, veriase obrigado a deixar este cargo autonómico. A marcha galega continúa desta xeito a estar en mans de persoas moi cualificadas e excelentes atletas marchadores, misturándose presente e futuro da marcha de Galicia.

Compartir: