Resultados

I Xornada III Circuito de Marcha Josefina Romero: Roberto Vieiro nova mellor marca galega infantil en 3000 metros

En Vilagarcia celebrouse a I xornada da III Edición del Circuito de Marcha Josefina Romero, onde se puideron presenciar bos rexistros neste inicio de tempada en pista, demostrando unha vez máis a boa saúde da marcha galega na actualidade. A atleta xuvenil Carmen Fuentes do Comesaña con 25.45.99 e Fran Durán do Simply Scorpio 71 con 21.34.58 serían os vencedores absolutos desta nova edicion, ámbolos dous con mellor marca persoal e na actualidade no CGTD. Roberto Vieiro do Cuntis acadaría un novo récord galego infantil cuns fantásticos 14.20.83 nos 3 km anteriormente en mans do lucense David Veiga sendo a victoria e o título de campiona galega para a tamén marchadora do Cuntis Noa Ramírez con 17.42.13 Daniel Chamosa do Comesaña remataría os 5km cun crono de 22.41.59 proclamándose campión galego xuvenil e acadando o subcampionato galego, o mesmo que a marchadora Junior do Bidezabal Marisol Diz que se proclamaría campiona galega da súa categoría o invertir un rexistro de 26.40.90 No tocante a categoría cadete dominio dos marchadores do Cuntis xa que Antía Chamosa faría valer os seus excelentes 14.32.09 para proclamarse campiona galega, ao igual que Brais Prieto que faría o propio cun rexistro de 15.28.32 Na categoría alevín resultarían vencedores Ana Piñeiro do Vila de Cangas con 11.58.16 e Tomás López do C.A. Sada con 1.33.64,. Xa na categoría dos máis pequenos, a benxamín e sobre unha distancia de 1.000 m., trunfos para Teo Iglesias do Vila de Cangas con 6.19.52 e

Compartir: