O atleta olímpico vigués en México 68 e Múnich 72, Javier
Álvarez Salgado, unha das lendas históricas do atletismo galego e español, foi nomeado Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo, en substitución de Eleuterio
García, que foi tamén delegado en Vigo durante os últimos anos 22 anos e que xa expresara a súa vontade de abandonar as súas responsabilidades dende había
meses.
Álvarez Salgado foi durante unha lexislatura membro da Xunta Directiva da Real Federación Española de Atletismo. Tamén desempeñou a tarefa de concelleiro de deportes do
Concello de Vigo durante 12 anos (1983 a 1995). Así mesmo, foi presidente da Comisión de Atletas Veteranos da Federación Galega de Atletismo.
A Xunta Directiva da FGA, por proposta do seu presidente Isidoro Hornillos, concedeulle a súa máxima condecoración, a medalla de ouro, no
ano 2007 polos servizos prestados ao atletismo galego.
Con este nomeamento, Isidoro Hornillos complementa a súa Xunta Directiva, cun home, ao seu xuízo “moi experimentado na xestión deportiva, comprometido co presente e
futuro do atletismo galego e con desexos de colaborar coa federación, polo que lle agradezo a súa implicación para desempeñar esta importante responsabilidade,”.