O novo sistema de pagos a xuíces xa está funcionando dende hai uns meses

A FGA dentro do seu plan de mellora da xestión interna iniciou fai uns meses un novo sistema de xestión de pagos a xuices. Con este sistema os xuices obteñen os seus honorarios de forma casi inmediata trala actuación e o mais importante que teñen acceso á información do estado de pago de cada un dos eventos celebrados en Galicia. Un archivo con esta información vaise actualizando cada semán e todos os xuices teñen acceso ao mesmo. Con este sistema aumentase a transparencia da xestión económica a este importante colectivo do atletismo galego (web do CGX) (Informe pagos).

Compartir: