Campionato Galego Absoluto-Promesa en pista cuberta, Sheila Gonçalves novo record galego infantil e campiona absoluta e Virginia Villar novo Record Galego Absoluto!

Riazor volveu a vivir unha intensa xornada do mellor atletismo de Galicia. A xornada deu comezo cas eliminatorias dos 50 metros lisos, chegándose a disputar ata 5 series. Na final impúxose o céltico Miguel Gómez cun rexistro de 6,08 e Sheila Gonçalves (Ourense Atletismo) que sorprendeu a todo o público existente obtendo a medalla de ouro cun rexistro de 6,96 e sendo unha das mais cativas participantes (categoría infantil) neste campionato, establecendo así un novo record galego infantil de pista cuberta, a atleta do Morrazo Laura Chapela tamén paraba o crono nesa mesma marca. Continuando ca velocidade, Sergio Rodriguez obtiña o triunfo nos 200 metros cun crono de 22´70 e Juan José del Rio facía o mesmo nos 400 metros cun rexistro de 52,15. No trocante as mulleres, Candela Díaz sería a primeira en cruzar a liña de meta nos 200 m.l. cun tempo de 26,60 e Esperanza Caldas nos 400 m.l. cun rexistro de 1,00,51,

Nos 50 metros valados victoria para Miguel Pérez cun tempo de 7,11 e para a excelente atleta galega Virginia Villar na carreira feminina, cun rexistro de 7,48 ,establecendo un novo record galego absoluto!

No mediofondo victoria para David Gonzalez (Atletismo Afflelou Narón) superando na última recta dos 800 metros a Ismael Costas, campión en numerosas edicións deste campionato. Os 1500 contaron tamén cunha gran participación salientando a actuación de Carlos Porto que nunha carreira táctica sería o primeiro en parar o crono en 4,04,98. No 800 feminino a atleta do Ría de Ferrol Yuliana Velasquez colgouse o ouro cun tempo de 2:15:53 e a campionísima Solange Pereira superaba a rivais de renombre como Leticia Fernandez nos 1500 m.l. parando o crono en 4:36:59.

Nos saltos verticais, David Barreira proclamábase campión de salto de altura cun mellor salto de 1,92, mesma marca que Iván Valle, segundo clasificado. Paula Ferreiros, atleta cunha gran progresión nos últimos anos colgábase unha medalla mais no seu pescozo cun mellor salto de 1,70. En salto con pértiga, victoria do gimnástico Santi Ferrer (4,50) superando ao olímpico céltico David Gómez (4,45). No salto con pértiga feminino Sandra Carballo, integrante da selección galega absoluta no pasado ano 2012, obtiña un mellor rexistro de 3.20.

No trocante aos saltos horizontais cumpríronse os pronósticos e Jean Marie Okutu acadaba un mellor salto de 7,62 suficiente para obter a medalla de ouro. José Alfonso Palomanes, tamén destacado atleta en triple salto, mantiña o seu dominio na proba destes últimos anos, acadando un mellor salto de 15,30 no triple salto. Marta Lolo, excelente atleta do Coruña Comarca faría un dobrete ao superar a Leticia Gil por tan só 2 centímetros, obtendo un rexistro de 5,38 no salto de lonxitude, e ao impoñerse tamén na proba do triple salto cun mellor salto de 11,76.

Víctor Gallego en lanzamento de peso obtivo un mellor rexistro de 16,86, marca de mais de 2 metros respecto ao segundo clasificado Fernando Paredes, e Eva Costas do Atletismo Feminino Celta lograba lanzar o artefacto aos 13,28 metros suficiente distancia para subir ao mais alto do podium.

En resumo, unha excelente xornada na que participaron atletas procedentes de perto de 50 clubes.Resultados Podium Absoluto Podium Promesa

Compartir: