Resultados

O circuito do Monte do Gozo será a sede do Cto. Galego cross corto, Cto. Galego cadete e xuvenil de campo a través e o Memorial Alejandro Lorenzo

O Concello de Santiago de Compostela unha vez máis amosa o seu compromiso co atletismo galego. O Delegado da FGA en Santiago Iván Sanmartín pechou no día de onte co concelleiro de deportes D. Adrián Varela, a sede de tres importantes campionatos de campo a través, o Memorial Alejandro Lorenzo, o Cto. Galego de Campo a través de cross corto por clubes e o Cto. Galego cadete e xuvenil individual e por equipos de campo a través. Estos tres campionatos que terán lugar o vindeiro domingo día 20 de xaneiro celebraranse no clásico, duro e vistoso circuito do Monte do Gozo. Asemade o 17 de febreiro celebrarase o II Cross de Compostela e un novo memorial de campo a través para categorías escolares. Tamén terá lugar alí o Cto. Galego de campo a través veterán e un cross de carácter popular para atletas non federados. Recorrido-Distancias-Horario Cartel Inscritos: Alejandro LorenzoCross CortoGalego Cadete_Xuvenil

Compartir: