O temporal retrasou a celebración do II Cross dos Menhires, previsto para o
sábado 15 de decembro de forma conxunta coa I Fase do Deporte Escolar de campo a través na zona de Coruña.
A primeira hora dábase a saída ás proba das categorías benxamín e alevín,feminina e masculina. Os máis pequenos percorrerían unha distancia de 550 metros metros e as rapazas alevíns farían 684
metros que os nenos 884. Os vencedores foron en categoría benxamín dous atletas do club Agrupación Atlética Mazi Mario Arufe e Clara Solla e en alevíns Tomás López do Club Atletismo Sada e Claudia
Conde do AD Fogar.
Nas dúas carreiras de infantís numerosa participación de atletas, especialmente dos Clubs organizadores. Na proba masculino competiron 60 atletas e houbo diferenzas notables entre os primeiros
atletas con respecto aos demais, sendo vencedor Vladik Cegarra e en mulleres a atleta do Ria Ferrol Carlota Tella. A continuación seria a quenda para os atletas das categorías cadete e xuvenil, as
mulleres percorrerían unha distancia de 1635 metros dando dúas voltas ao circuíto, correndo agrupadas seis atletas na primeira volta para empezar a marcarse as diferenzas a continuación. Finalmente
a vitoria sería para Alba Lema atleta xuvenil do Olimpico de Vedra e Paula Iglesias do Club Riazor Coruña. Na carreira masculina os atletas do Olimpico de Vedra Nicolas Villanueva, Anxo Lema e
Daniel Bouzón, demostraron un excelente nivel de forma, marcando o ritmo dende o inicio descolgando a todos os seus rivais. Para estes atletas a distancia xa supoñía correr 2793 metros nun circuíto
duro e en moitas zonas con vento en contra, non obstante defendéronse dunha forma notable iniciando en moitos casos a tempada de cross e noutros como preparación para a tempada de pista cuberta. O
vencedor seria Nicolas Villanueva en categoría xuvenil e Alejandro Pardo en categoría cadete. A participación menor foi nos 5500 metros que realizaron as mulleres das categorías júniors, promesa,
sénior e veteranas logrando a vitoria sen oposición Carla Merayo do Coruña Comarca, nesta carreira significativa foi a participación de atletas veteranas que non dubidaron en enfrontarse a este
reto.
Ás 12.45 dábase a saída á proba raíña cun favorito claro Pedro Nimo que con escaso adestramento se situaba en liña de saída coa intención de marcar un ritmo forte que fixese unha primeira
selección, así foi xa nos primeiros quilómetros só dous atletas decidían seguir o seu ritmo Abdelkader Bouguerroudj e Ramón Serantes, un dos mellores atletas de medio fondo da década dos 90 que
continua rendendo a un nivel destacado. Por detrás era o atleta promesa Aziz Fatihi quen marcaba o ritmo dos seus compañeiros de equipo e dos atletas do Coruña Comarca que tamén ían no grupo
perseguidor. A falta de dúas voltas Nimo colle distancia sobre o segundo, Abdelkader, e este á súa vez sobre Ramón Serantes que non ve perigar o seu terceiro posto. Finalmente con enorme facilidade
Pedro Nimo entra en meta demostrando que a súa recuperación vai por bo camiño, o atleta do Coruña Comarca Olaf Araujo sería primeiro atleta júnior e Aziz Fatihi do Marineda Atlético primeiro atleta
promesa.
A segunda edición deste Cross dos Menhires estivo á altura que se espera duns dos mellores circuítos de Campo a través que temos en España, o esforzo da organización viuse avalado polo apoio do público e especialmente dos atletas máis novos que a bo seguro o ano que vén repetirán a experiencia. Resultados: Fase Escolar – II Cross Menhires FOTOS
Crónica: Elena González