Intenso fin de mes de reunións da Xunta Directiva, Comisión Delegada e Asemblea.

Nos vindeiros días terán lugar numerosas reunións da Xunta Directiva e Comisión Delegada. A primeira será en Vigo este sábado día 22 ás 19:00 horas no hotel Coia, para abordar numerosos puntos do orde do día, entre os que cabe salientar a situación actual do estadio de Balaídos, os orzamentos e proxectos económicos, o calendario de competicións e as propostas recibidas polos asembleistas.

Máis adiante no sábado 29 terá lugar unha nova Xunta Directiva e Comisión Delegada, e dúas asembleas, unha extraordinaria para aprobar a modificación dos estatutos da FGA para adaptalos á nova Lei do Deporte de Galicia, lembremos que todas as federacións están obrigadas ao cumprimento desta nova lei que sustitúe á lei do deporte con data de 1997, e posteriormente terá lugar unha asemblea xeral ordinaria para aprobar os orzamentos, calendario de competicións, entre outros temas.

Gala Anual do Atletismo Galego, Riveira 29 de decembro

Ao remate da Asemblea iniciarase a Gala do Atletismo Galego, unha gala na que máis de 100 deportistas, adestradores, clubes, xuices e institucións serán recoñecidas en pro do seu apoio e éxitos acadados no atletismo. Toda a información xa está dispoñible na nosa web na sección de circulares.

Compartir: